O TRABALLO DECENTE NON É UN PRIVILEXIO

A Confederación Sindical Internacional (CSI), a única organización sindical mundial que existe, aprobou no ano da súa creación (2006) a celebración dunha Xornada Mundial polo Traballo Decente (XMTD) cada 7 de outubro.

 O traballo decente é o que se realiza respectando os convenios da OIT: liberdade sindical, dereito de folga e negociación colectiva, prohibición do traballo infantil e do traballo forzoso, e prohibición de todas as formas de discriminación laboral.

 Os Obxectivos do Milenio, aprobados pola ONU, prevían reducir á metade, para o ano 2015, a cifra de 800 millóns de persoas que viven na pobreza absoluta. Fracasou: hoxe xa son 1000 millóns!

 Con taxas de paro insoportables, os Gobernos europeos e a propia UE eliminaron en maio de 2010 os obxectivos de recuperación do crecemento e en maio de 2010 os obxectivos de recuperación do crecemento e a promoción de emprego, e apostaron por darlle prioridade á redución do déficit e as débedas públicas mediante políticas de recortes e reformas estruturais. A solución para eles son as fracasadas políticas neoliberais que nos levaron á crise.

 En España e en Europa tamén cómpre defender o traballo decente. Está sendo vilmente atacado nos seus tres piares básicos: dereitos, protección social e negociación colectiva.

 A reforma laboral de 2010, a eliminación do límite ao encadeamento de contratos temporais, o novo contrato de formación para xente nova e o drástico recorte do gasto público están rebaixando as condicións de vida e poden levarnos a unha creba social de imprevisibles consecuencias.

 Para UGT e CC OO é unha prioridade situar en primeiro lugar as persoas, e, polo tanto, o emprego e as prestacións sociais, a defensa dos servizos públicos e o dereito á negociación colectiva. CC OO e UGT pedímoslles ás traballadoras, aos traballadores e á cidadanía

 En xeral que se mobilicen na Xornada Mundial polo Traballo Decente, unindo as reivindicacións dos traballadores e as traballadoras españois e europeos co rexeitamento ao modelo neoliberal de saída da crise e a esixencia de universalización do traballo decente.

 MANIFESTACIÓN  6 DE OUTUBRO

saída Urzaiz/Via Norte 19,30

 O EMPREGO E AS PERSOAS, O PRIMEIRO

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s